O 5 e 6 de outubro de 2019 celebrarase en Cangas do Morrazo a III Mostra do Posible: Alternativas para un mundo mellor desde a Economía Social e Solidaria e os Movementos Sociais de Galicia, encontro de organizacións e persoas que traballan ou teñen interese en coñecer as opcións existentes en diversos ámbitos da vida cotiá para construír un mundo máis xusto e solidario.
A mostra divídese en 5 áreas, cada unha correspondente a un ámbito da vida cotiá.
- Economía, traballo e finanzas
- Saúde, alimentación e entorno
- Cultura educación e medios de comunicación
- Urbanismo, abastecementos e refugallos
- Dereitos e xustiza social
AIS O Peto foi convidada a participar nas actividades relacionadas coa primeira das áreas de Economía, traballo e finanzas xunto a outros colectivos que defenden propostas de modelos económicos orientados ás persoas. O sábado 5 de outubro, ás 19h., participaremos na Alameda Nova da Palestra: Reflexionatorium: o segredo mellor gardado dos bancos xunto a compañeiras e compañeiros de outras entidades da Economía social e solidaria.