A Fundación Finanzas Éticas, conxuntamente con REFAS (da que forma parte O Peto) e outras redes, impulsa o Fondo Común de Apoio Mútuo La Colmena. A través dunha plataforma web, organizacións e persoas poden apoiar economicamente a 20 pequenos proxectos da Economía Social e Solidaria seleccionados do ámbito rural, impulsados por mulleres, implicados en sectores de actividade fortemente prexudicados pola crise, para que estes podan afrontar os retos que plantexa esta nova realidade para que ninguén quede atrás.
Apoia mediante doazóns, recompensas e tarxetas regalo!
A Fundación Finanzas Éticas realizou unha aportación inicial para estes proxectos, agora, até o mes de xaneiro, está aberta á captación de axudas persoais para financiar os 20 proxectos presentes nesta primeira edición de La Colmena. As aportacións poden realizarse de tres maneiras diferentes:
- doazón,
- doazón con vale agasallo para comprar nalgún dos proxectos e
- doazón con agasallo da fundación a escoller entre dous proxectos
Fai a túa aportación: https://finanzaseticas.site/home/tienda/

Tres dos proxectos seleccionados son galegos:
Dous seleccionados polo Peto e un seleccionado por Fiare Banca Ética:
Presentación: O martes 10 de novembro ás 20h. realizaremos a presentación deste fondo mútuo La Colmena, e un encontro coas entidades galegas apoiadas por este proxecto xunto coa Fundación Finanzas Éticas e o GIT Galiza Norte-Asturias de Fiare Banca Ética. Realizarase de maneira virtual a través da plataforma Meet de Google, na que nos poderemos conectar e participar desde: https://meet.google.com/bcu-fxng-tio

Aquí temos unha presentación breve en video do que é La Colmena