Resumo dos ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN POR UN INTERESE SOLIDARIO (AIS) “O Peto”
Este é un resumo dos Estatutos do Peto, se desexas consultar o texto completo podes abrir o documento en pdf. Os últimos estatutos foron aprobados en Asemblea o pasado 29 de febreiro de 2020 e validados pola Xunta de Galicia o 26 de agosto de 2020.

Artigo 1. Denominación e natureza
Constitúese a asociación sen ánimo de lucro. O PETO, Asociación de Interese Solidario, unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e demais lexislación aplicable
Artigo 2. Personalidade e capacidade
A asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, pudendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, con suxeición ao establecido no ordenamento xurídico.
Artigo 5. Fins
1. Os fins principias da asociación son:
a) Promover, desenvolver e financiar accións de educación e de cooperación para o desenvolvemento nas comunidades sociais máis desfavorecidas do noso entorno (inmigrantes, mulleres, parados e paradas de longa duración, minorías étnicas, discapacitados físicos e psíquicos, etc.).
b) Promover unha formación integral das persoas fomentando valores de solidariedade e xustiza.
c) Desenvolver, cooperar e financiar accións solidarias.
2. Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:
a) Fomentar o autoemprego e as empresas de economía social e solidaria no noso entorno a través de axudas a proxectos socialmente viables.
Desenvolvemento de actividades formativas, educativas e culturais de todo tipo relacionadas cos fins da asociación, entre elas a edición e distribución de todo tipo de publicacións precisas para a difusión de ditos fins, a organización de encontros formativos, charlas e ponencias ou coloquios…
Fomentar a comunicación, cooperación e adhesión con entidades ou organizacións afíns.
Difundir información social e económica para mellorar a formación dos membros da asociación. Proporcionar información e documentación sobre a autoxestión, aforro solidario, estudos sobre a pobreza, sistema financeiro e monetario alternativo, investimento non lucrativo, economía e finanzas…
Calquera outra actividade que responda ós fins da Asociación.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se podan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
Artigo 6. Capacidade
Para adquirir a condición de persoa asociada requírese ser persoa física ou xurídica e ter interese no desenvolvemento dos fins da asociación.
As persoas físicas deben ser maiores de idade ou menores emancipados con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito.
Os menores de máis de 14 anos non emancipados necesitan o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.
As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán o acordo expreso do seu órgano competente.
Deberán presentar unha solicitude por escrito, á Asemblea Xeral, e cubrir polo menos unha participación do Fondo de Solidariedade. A Asemblea Xeral resolverá na primeira xuntanza que celebre.
A condición de persoa socia é transmisible por calquera medio legal admitido en dereito.
Artigo 8. Dereitos das persoas socias
Os dereitos que corresponden ás persoas socias de número son os seguintes:
Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, a exercer o dereito a voto, así como a asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos. Para poder ser membro dos órganos de representación é requisito imprescindíble ser maior de idade, estar no pleno uso dos dereitos civís, e non estar incurso en motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.
Cada persoa socia terá exclusivamente dereito a un voto na Xunta Directiva e nas Asembleas, con independencia das participacións que poida ter no Fondo de Solidariedade da Asociación.
Ser informadas acerca da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade. Poderán acceder a toda a información a través dos órganos de representación.
Ser oída con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias na súa contra e a ser informada dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos.
Facer suxestións aos membros da Xunta Directiva en orde de mellorar o cumprimento dos fins da asociación.
As persoas socias de honra terán os mesmos dereitos, a excepción de exercer o dereito a voto e ostentar a condición de ser elector e elixible.
Artigo 9. Deberes das persoas socias
Os deberes das persoas socias de número son:
Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
Pagar as derramas que no seu caso acorde a Xunta Directiva, ou participacións que, con arranxo aos estatutos, podan corresponder a cada persoa socia.
Cumprir o resto de obrigas que resulten das disposicións estatutarias.
Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
Contribuír co seu comportamento ao bo nome e prestixio da asociación.
As persoas socias de honra e as persoas voluntarias terán as mesmas obrigas a excepción das previstas no apartado b).
Artigo 11. Organización da asociación
Os órganos de goberno e representación da asociación son a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, que adoptarán os seus acordos de conformidade co principio maioritario ou de democracia interna.
Artigo 12. A Asemblea Xeral
1. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da asociación integrada polas persoas asociadas por dereito propio irrenunciable, que adopta os seus acordos polo principio maioritario.
2. Todas as persoas membros quedarán suxeitas aos acordos da Asemblea Xeral, incluso as ausentes, as disidentes e as que aínda presentes se abstiveran de votar.
Artigo 28. Destino de ingresos a fins da asociación
Como entidade sen ánimo de lucro, os beneficios obtidos derivados do exercicio de actividades económicas, incluídas as prestacións de servizos, destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins da asociación. En ningún caso, estes beneficios poderán ser repartidos entre as persoas asociadas ou calquera outra persoa física ou xurídica con interese lucrativo.