Solicitar axuda

Para solicitar unha axuda para iniciar algún proxecto ou apoiar un existente, podes dirixirte á nosa asociación presentando a seguinte documentación:

  • Presentación do proxecto: idea, informe de viabilidade, estudos, plans de empresa e/ou aqueles documentos dos que se dispoña para iniciar o proxecto
  • Orzamento do proxecto
  • Cantidade total a satisfacer pola persoa ou persoas solicitantes
  • Cantidade solicitada ao Peto
  • Existencia de débitos ou créditos pendentes de pago da persoa ou persoas solicitantes
  • Prazos de cumprimento da devolución ao Peto

Valoración e seguimento: a Xunta directiva realizará un seguimento sobre o proxecto

  • A Xunta directiva avaliará o proxecto e as consideracións sobre a viabilidade do mesmo e o seu apoio
  • A persoa ou persoas solicitantes presentarán o proxecto presencialmente ante a Asociación
  • No caso de ser concedida a axuda asinarase un contrato co compromiso da devolución da axuda

Podes enviar a solicitude e toda a documentación pertinente a: ais_opeto@hotmail.com

 

Advertisement