Desde o ano 2006 temos mobilizado, das aportacións das persoas socias, máis de 270.000€ para o fomento do autoemprego mediante axudas aos gastos para o inicio de actividades empresariais e creación ou mantemento de postos de traballo.
Axudas concedidas:
Algúns dos últimos proxectos que apoiamos:
2022
- Axuda económica á cooperativa A Talangreira do Beque, de Moaña como anticipo de subvención para axuda da constitución da empresa. A Cooperativa vai xestionar as instalación deportivas, albergue e hostelería municipal na área de Beque (9.000€)
- Axuda económica para adquisición de furgoneta para a cooperativa Xeracción de Ourense. Esta cooperativa traballa en acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no desenvolvemento comunitario (12.737,84€)
2021
- Axuda económica á Compañia de Teatro A Feroz anticipo de subvención de Agadic para creación e posta en marcha de proxecto teatral (8.765€)
- Axuda económica á Asociación de Estudos Laborais Feministas (Aselafem) para o Proxecto Laborando 2: a actuacións de fomento do asociacionismo e participación das mulleres con espazos de encontro, sensibilización, visibilización e formación. (13.635€)
2020
- Axuda económica á Asociación de Estudos Laborais Feministas (Aselafem) para a actuacións de fomento do asociacionismo e participación das mulleres con espazos de encontro, sensibilización, visibilización e formación. Coa realización de feiras e encontros virtuais (4.600€)
- A Asociación Reencanto organizadora da Mostra do Posible de Cangas na que levamos anos participando. Neste caso a axuda concedida é para o Festival Primavera do Cine, realizado en Vigo (8.000€)
- Axuda económica a Itaca Software Libre para financiar a realización de 2 proxectos e contratación de persoal (3.500€)
2019
- Axuda económica de emprego para dúas persoas para reapertura de bar-parrillada en Sigüeiro, Oroso (4.000€)
2018
- Axuda económica para a compra de máquina de costura profesional e material de costura para proxecto de autoemprego (450€)
- Axuda económica para a preparación de cursos de formación online e presenciais relacionados coa escritura como método de terapia para psícologa e terapeuta no proxecto Narrativas y otras lunas. (3.000 €)
2017
- Axuda económica para a compra de marcadoría á empresa MyFamilySocks, proxecto téxtil con deseño propio e baixo criterios de sustentabilidade ao traballar con algodón orgánico certificado, que xera dous postos de traballo. (6.000 €). Outubro 2017
- Ampliación de axuda económica a Efímera, costura creativa. Na actualidade conta con dúas traballadoras e necesitan apoio para mellora no transporte e posto de venda, así como compra en grande cantidade de material de mercearía. (1.200 €). Xullo 2017
- Axuda para compra de material par a rehabilitación e preparación dunha casa como albergue e cursos de bioconstrución, seguindo criterios de bioconstrución, A Casiña. (4.000 €). Xuño 2017 (Entrevista en La Voz de Galicia 03/05/2016)
- Proxecto de autoemprego dun panadeiro artesanal ecolóxico, Panadería Xixirín, na comarca de Santiago, axuda á compra de vehículo para distribución e ferramentas de traballo. (2.500 €). Abril 2017
- Adianto económico a Panxea, asociación para o comercio xusto e solidario en Santiago de Compostela, dun proxecto en colaboración coa USC financiado por Cooperación Galega. O proxecto é “USC sustentable, comecio xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable”. (4.000 €). Marzo 2017
2016
- Axuda para a compra dun computador para fotógrafo, realizador e deseñador freelance. (2.000 €). Novembro 2016
- Adianto do premio á promoción do cooperativismo outorgado polo Consello Galego de Cooperativas a Ítaca Software Libre. (5.000 €). Xullo 2016
- Proxecto Ultra_Alimento, ultramarinos adaptado a creiterios de sensibilidade social e ambiental en Lalín. (5.500 €). Xuño 2016
- Apoio económico para o proceso de creación de Ulises e a nena durmida, proxecto que mistura danza, tetaro e outros recursos artísticos e da escena. A obra estreouse en abril de 2016 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. (3.000 €). Marzo 2016
- Adianto de subvención a Solidariedade Internacional de Galicia, ONGD galega. (3.000 €). Xaneiro 2016
- Axuda para a compra de equipo de son para a Asociación Cultural Liceo Mutante, que se adica á promoción cultural autoxestionada para levar adiante actividades relacionadas coa creación artística. (3.000 €). Xaneiro 2016
2015
- Axuda para o depósito de aluguer de local para o proxecto sen ánimo de lucro Nave 1839, destinada a promover a cultura, a arte e o tecido social da Coruña. (1.575 €). Outubro 2015
- Proxecto de autoemprego de artesanía e docencia de manualidades, así como restauración da casa que acolle o proxecto, As Prietas, en Vilalba. (8.000 €). Outubro 2015
- Proxecto de autoemprego dunha traballadora no eido da costura creativa, elaboración de prendas para venda directa e tamén deseño e creación de vestiario para produción artística, Efímera, costura creativa. (2.000 €). Marzo 2015
- Axuda para a creación da cooperativa de traballo asociado e sen ánimo de lucro, Cooperativa Cultural, vinculada ao ámbito das industrias culturais, creativas e artísticas de Galicia. (2.000 €). Marzo 2015
- Adianto de subvención a Solidariedade Internacinal de Galicia, ONGD galega. (5.000 €). Xaneiro 2015
2014
- Adianto de subvención á Plataforma polo Emprego, entidade non lucrativa que desenvolve proxecto de integral de inserción e integración sociolaboral dirixido a persoas de difícil inserción. (3.000 €). Xullo 2014
- Ampliación económica do proxecto apoiado en 2012 de empresa de venda e instalación de iluminación LED, eficiencia enerxética e enerxías renovables. (4.000 €). Xuño 2014
- Axuda para a posta en marcha dun proxecto de cosméticos naturais. (2.000 €). Xaneiro 2014
- Compra de material de perruquería portátil para traballar e atender ás persoas que non poden saír do seus domicilios na zona rural de Ourense. (2.000 €). Xaneiro 2014
2013
- Compra dun teleobxectivo para un fotógrafo “freelance”, que traballa tanto en prensa diaria como tamén en cerimonias e enlaces sociais. (2.000€). Novembro 2013
- Adianto de subvencións a unha entidade non lucrativa que desenvolve un proxecto integral de inserción e integración sociolaboral dirixido a persoas de difícil inserción. Mantemento de postos de traballo. (200 €). Xullo 2013. (1.500€). Outubro 2013
- Posta en funcionamento dun restaurante de comida ecolóxica, con produción agroecolóxica propia, e tamén con espazo de tenda. Todo o proxecto está asociado a un grupo de consumo. (4.000€). Xuño 2013
- Apoio económico para rehabilitación e posta en marcha dun espazo social de intervención artística, autoxestionado e sustentábel situado na Coruña. (2.500€). Abril 2013
- Axuda económica a unha consultora informática de software libre, para desenvolvemento de varios proxectos asinados xa con varias empresas. (3.000€). Abril 2013
- Proxecto de autoemprego dunha traballadora no eido da agricultura ecolóxica: compra de animais necesarios para a limpeza da finca e abono para os cultivos, así como un vehículo para o reparto da mercaduría á cooperativa de consumo responsable coa que traballa. (4.000€). Abril 2013
- Achega a unha ONG de desenvolvemento galega para mantemento da súa actividade, que ten como fin último promover a xustiza social. Adianto de subvención. (6.000€). Febreiro 2013
2012
- Proxecto de autoemprego para a posta en funcionamento dunha consulta de ludoterapia, para a atención a nenos e nenas con diversas dificultades, creación dun posto de traballo. (2.500 €). Novembro 2012
- Adianto de subvención a unha asociación de desenvolvemento rural para levar adiante actividades de formación e recuperación da cultura e economía en torno ao centeo nos Ancares. (3.000€). Novembro 2012
- Proxecto de autoemprego de agricultura ecolóxica, axuda económica para obter o carné de conducir, e así facilitar deslocamento e venda dos produtos á traballadora. (2.600€). Novembro 2012
- Adianto de subvención a unha entidade non lucrativa que desenvolve un proxecto integral de inserción e integración sociolaboral dirixido a persoas de difícil inserción. (4.000€). Setembro 2012
- Proxecto de acondicionamento dunha paxareira para a posta en funcionamento como centro de rehabilitación psicosocial dunha asociación de familiares de persoas con doenza mental, pendente de próximo convenio co Sergas. Adianto de subvención. (3.000€). Setembro 2012
- Equipamento e material de stock para unha empresa de nova creación adicada á venda e instalación de iluminación LED, eficiencia enerxética e enerxías renovables. Inicialmente un posto de traballo. (7.000€). Xullo 2012
- Achega económica para a reforma e adaptación dun local para crear o espazo necesario para desenvolver 5 actividades comerciais: libraría, editorial, comercio xusto, ecocrianza e xogo tradicional; así como un microcafé con actividade cultural propia. (4.500€). Xuño 2012
2011
- Axuda a unha asociación cultural para apoio no desenvolvemento de obradoiros formativos, de difusión e experimentación no eido do que se pode chamar cultura contemporánea. (3.360€). Decembro 2011
- Restauración dunha casa no ámbito rural para levar adiante un proxecto de agricultura ecolóxica e transformación tradicional de produtos agrícolas. Tamén se desenvolverán cursos de formación sobre bioconstrución e agricultura ecolóxica. (10.000€). 2 postos de traballo. Xuño 2011
- Adianto de subvención a unha asociación cultural para comprar equipo de son. (1.200€) Abril 2011
- Adianto de subvención cooperativa de consumo e tenda A Cova da Terra (3.000€)
2010
- Adianto dunha parte de subvención para manter un posto de traballo nunha cooperativa de comercio xusto e consumo responsable (6.160€). Novembro 2010
- Achega de capital a unha tenda familiar de artesanía africana para compra de mercadurías, e envío das mesmas desde o seu lugar de orixe. (1.500€). 1 posto de traballo. Novembro 2010
- Adianto dunha subvención para manter a actividade unha asociación de desenvolvemento rural. (4.000€). Outubro 2010
- Proxecto de lavandería (4.600€)
- Adianto dunha subvención para manter a actividade dunha asociación. (4.500€)
- Adianto dunha subvención para manter a actividade dunha asociación. (4.500€)
- Adianto dunha subvención para manter a actividade dunha asociación. (5.000€)
- Axuda para carné de conducir en proxecto de autoemprego (1.000€)
- Axuda autoemprego xestión de bar (2.000€)
2009
- Adianto dunha bolsa de estudos a unha estudante estranxeira. (1.000€) Febreiro do 2009
- Adianto dunha subvención a unha ONG para afrontar gastos necesarios para poder serguir a súa actividade de atención a inmigrantes. (1.000€). Febreiro 2009
- Adianto dunha subvención a unha ONG para afrontar gastos necesarios para poder contratar a unha persoa para a atención do colectivo inmigrante. (4.999€) Agosto 2009
- Adianto de parte dunha subvención e investimento para que unha asociación de promoción e integración de discapacitados intelectuais poidera seguir traballando (8.000€). Setembro 2009
- Axuda económica para a compra dunha motoserra que é instrumento de traballo para un empregado por conta allea á que lle alugaban esta ferramenta de traballo. (1.000€) Outubro 2009
- Achega de capital para compra dun vehículo de transporte para unha persoa que aforraría 4 horas diarias en desprazamento para manter o traballo e permitir rematar os estudos a unha universitaria. (1.000€) Novembro 2009
2008
- Acondicionamento e primeiras mercadurías necesarias para abrir unha cafetería no Carballiño (6.000€). 2 postos de traballo. Outubro 2008
- Concesión de adianto dunha subvención para manter os postos de traballo nunha ONG. (7.500€). Xuño do 2008
2007
- Equipamento para actividade artesanal de pergamiños enmarcados. Un posto de traballo. (2.000€) Xaneiro 2007
- Acondicionamento, inmobilizados do local e primeiros gastos de execución dun restaurante de comida para levar (6.000€). 2 postos de traballo. Xuño 2007
- Posta en marcha dunha academia de clases de idiomas e de servizos de tradución (7.900€). 2 postos de traballo. Setembro de 2007
2006
- Traspaso da caseta dun posto de venda nun mercado para unha muller con discapacidade (6.900€). Creación dun posto de traballo. Setembro 2006
- Equipamento e existencias iniciais para empresa de produtos de limpeza para gandeiría (5.836€). Creación de 2 postos de traballo. Xullo 2006
- Compra dunha furgoneta para negocio de fontanería (3.434,71€). Creación dun posto de traballo. Xaneiro 2006