Feira do Mercado Social de Cangas do Morrazo, sábado 15 de outubro

Mercado Social de Cangas do Morrazo: constrúe connosco outra economía!

A Feira é a evolución da Mostra do Posible: Alternativas para un mundo mellor desde a Economía Social e Solidaria e os Movementos Sociais de Galicia, na que participamos en anos anteriores. Esta feira estaba organizada por Reencanto Producións, entidade á que ademais temos axudado desde O Peto nalgún dos seus proxectos.

Agora a mostra medra e pasa a ser organizada polo Concello de Cangas do Morrazo en colaboración con REAS Galicia. Se queres saber máis sobre a #economíasocial, apoiar un #consumoresponsable e coñecer proxectos e entidades formados por xente incrible que ten ganas de facer as cousas doutro xeito, non a perdas!

O Peto estará presente nun posto con outras entidades que participamos na promoción das finanzas eticas e da economía social e solidaria como Coop57 Galiza e o GIT Galiza Sur de Fiare Banca Etica.

Celébrase na Alameda Nova de Cangas o sábado 15 de outubro entre as 11 e as 20h.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s