Olympe Emprende é un programa dirixido a mulleres emprendedoras con ideas de negocio que encaixen cos valores da economía social e solidaria e que queiran levalas a cabo en Galicia. O programa é creado polas entidades Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop apoia estas iniciativas a través da formación con perspectiva de xénero, o acompañamento individual e colectivo e a conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.

O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre o home e a muller en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 redactou a Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadá. O programa quere ser un compromiso coa igualdade a través de fomentar a creación dun programa que ofreza soporte á creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que fomenten a transformación.
O luns 5 de novembro O Peto participará nunha das xornadas formativas centrado nas ferramentas de financiamento alternativo dando a coñecer a nosa entidade e o seu funcionamento así como as opcións de financiamento a través do Peto. Estaremos acompañados de outras entidades de financiamento da economía social e solidaria: Coop 57, Fiare e Wazo coop.
Información e inscricións no programa Olympe Emprende
Vídeo informativo sobre entidades apoiadas con este proxecto:
[…] Estaremos acompañados de outras entidades de financiamento da economía social e solidaria como na primeira edición deste programa.O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que […]
GústameGústame