AIS “O Peto
A Asociación por un Interese Solidario “O Peto” é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nivel micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de investimento ético a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.