Feira do Mercado Social de Cangas do Morrazo, sábado 15 de outubro

Mercado Social de Cangas do Morrazo: constrúe connosco outra economía! A Feira é a evolución da Mostra do Posible: Alternativas para un mundo mellor desde a Economía Social e Solidaria e os Movementos Sociais de Galicia, na que participamos en anos anteriores. Esta feira estaba organizada por Reencanto Producións, entidade á que ademais temos axudado… Read More Feira do Mercado Social de Cangas do Morrazo, sábado 15 de outubro

Volta o programa Olimpe Emprende, 2ª edición

O 7 de xuño participaremos no módulo de Financiamento alternativo na segunda edición do Programa Olympe Emprende  dando a coñecer a nosa entidade e o seu funcionamento así como as opcións de financiamento a través do Peto. Estaremos acompañados de outras entidades de financiamento da economía social e solidaria como na primeira edición deste programa.… Read More Volta o programa Olimpe Emprende, 2ª edición

Laboratorio de emprendemento Social e Solidario

Estamos convidados a participar neste laboratorio  organizado por Reas Galiza, xunto co Concello de Carballo. Na actividade falaremos das propostas de finanzas éticas como fórmulas de financiamento de proxectos sociais, presentando as posibilidades de financiamento co Peto, xunto aos compañeiros do GIT de Fiare Galiza e de Coop 57 Galiza. O encontro realizarase o 30… Read More Laboratorio de emprendemento Social e Solidario

Arcadi Oliveres, adeus a un amigo do Peto e de outro mundo posíbel

Arcadi Oliveres (27 de novembro de 1945 / 6 de abril de 2021). Onte morreu un amigo do Peto, un home dos imprescindíbeis. Persoa próxima e nova de espírito que desde o mundo da universidade era capaz de enlazar coas novas xeracións e ser quen de transmitir, a todas as persoas que tivemos oportunidade de… Read More Arcadi Oliveres, adeus a un amigo do Peto e de outro mundo posíbel

Presentación de La Colmena: fondo mútuo para a reactivación da economía solidaria

A Fundación Finanzas Éticas, conxuntamente con REFAS e outras redes, impulsa o Fondo Común de Apoio Mutuo La Colmena. A través dunha plataforma web, organizacións e persoas poden apoiar economicamente a 20 pequenos proxectos da Economía Social e Solidaria seleccionador, do ámbito rural, impulsados por mulleres, implicados en sectores de actividade fortemente prexudicados pola crise, para que estes podan afrontar os retos que plantexa esta nova realidade para que ninguén quede atrás.… Read More Presentación de La Colmena: fondo mútuo para a reactivación da economía solidaria

Consumir local de costas aos oligopolios: Finanzas éticas

O Xoves 11 de novembro, convidados por REAS Galicia participaremos nun encontro sectorial sobre Enerxía, Telecomunicacións e Finanzas O encontro celebrarase virtualmente a través da plataforma zoom entre as 10 e as 11.30h. coa participación das seguintes entidades: Presentación da campaña de REAS: Camiño do Mercado Social de Galicia #ConsumeDentro Entidades e clientes falan sobre… Read More Consumir local de costas aos oligopolios: Finanzas éticas