O 7 de xuño participaremos no módulo de Financiamento alternativo na segunda edición do Programa Olympe Emprende dando a coñecer a nosa entidade e o seu funcionamento así como as opcións de financiamento a través do Peto. Estaremos acompañados de outras entidades de financiamento da economía social e solidaria como na primeira edición deste programa.
O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento en feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través da formación con perspectiva de xénero, o acompañamento individual e colectivo e a conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.
