Saímos cooperando, 3ª edición

#SaímosCooperando: Un programa de mentoring para empresas cooperativas. Acompañamento e apoio nos impactos das crises

A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria para solicitar o Programa #SaímosCooperando, destinado a cooperativas socias prioritariamente, e a outras cooperativas.

Fomos convidados a participar nesta terceira edición de Saímos Cooperando o 5 de maio dentro da sección de Financiamento Ético e Solidario xunto a Coop57Gz e Fiare Galiza.

O obxectivo do programa é: seleccionar 15 cooperativas para participar no Programa #SaímosCooperando, a través do cal prestarase un servizo de mentoring para consolidar cooperativas, mediante a posta en marcha de procesos de acompañamento para impulsar melloras na organización beneficiaria, en especial polo impacto producido pola crise.

O programa Saímos Cooperando enmárcase na programación 2022 da rede Eusumo, rede liderada pola Xunta de Galicia para promoción do cooperativismo e a economía social en Galicia, e no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (Poises) do FSE.

Para que as entidades podan participar poden verse as bases e o formulario de inscrición en Saímos cooperando.

Nesta terceira edición de encontros para cooperativas están previstos 5 encontros entre os meses de Abril e Setembro de 2022. O 6 de Abril realizouse o primeiro deles, baixo o título: “Saímos cooperando”.

[Obxetivos xerais dos encontros]

Teñen un dobre propósito:

Buscan favorecer o coñecemento mutuo entre as cooperativas que participen no programa #SaímosCooperando, así como potenciar a posta en común de necesidades, a transferencia de experiencias e boas prácticas, co fin de compartir os recursos, readaptar actividades, establecer alianzas, crear redes, xerar actividade, ou intercooperar.

Os Encontros tamén serán espazos que invitan a outras cooperativas galegas a participar -aquelas que non pertencen á base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop- , para ter a oportunidade de coñecer de primeira man EspazoCoop e ás súas cooperativas asociadas. Deste xeito poden experimentar a través da asistencia á actividade como son os servizos da Unión, de cara a valoralos e tecer redes.

[Destinatarias]

Os Encontros están dirixidos a:

  • Cooperativas socias.
  • Outras cooperativas galegas.

[Acceso]

Gratuíto previa inscrición.

[Calendario de Encontros]

  • 6 de Abril de 2022 | Presentación do Programa #SaímosCooperando. Necesidades das cooperativas interesadas. Recursos e boas prácticas en procesos de consolidación de cooperativas.
  • 5 de Maio de 2022 | Financiamento ético e solidario.
  • 9 de Xuño de 2022 | Planeamento estratéxico e operativo para a consolidación.
  • 8 de Xullo de 2022 | Ferramentas telemáticas para a mellora do planeamento
  • 16 de Setembro de 2022 | Boas prácticas do proceso de titoría e avaliación do Programa.

Convocatoria aberta para que as cooperativas soliciten o programa ata o 13 de Abril de 2022

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s