Para darte de alta como persoa socia tes que facerte con participacións de 60€. Lembra que da túa aportación o 90% vai destinado ás axudas a proxectos de creación de emprego e o 10% restante a accións divulgativas e ao funcionamento da Asociación. (*Nota: o prezo das participacións poderá mudar en función dos resultados e devolucións das axudas a proxectos)
Estas participacións poden ser dunha única vez ou ir adquirindo as que desexes no momento que queiras.
Ingrésaos na conta de Fiare Banca Ética ES61 1550 0001 2500 0079 1426
Despois completa o boletín de alta de persoa socia que figura nesta páxina e envíanos o comprobante do ingreso a ais_opeto@hotmail.com
Este é o folleto coa información básica sobre a Asociación AIS O Peto. Podes atopar máis infomación sobre nós no apartado de Formación.