Arcadi Oliveres (27 de novembro de 1945 / 6 de abril de 2021).
Onte morreu un amigo do Peto, un home dos imprescindíbeis. Persoa próxima e nova de espírito que desde o mundo da universidade era capaz de enlazar coas novas xeracións e ser quen de transmitir, a todas as persoas que tivemos oportunidade de ler as súas obras ou escoitalo nas súas charlas e entrevistas, a capacidade do ser humano de ser quen de crear un mundo mellor.
Economista de formación, levou o seu traballo á crítica da economía capitalista e da militarización. Unha economía ao servizo de uns poucos frente ás necesidades das maiorías. Nas súas intervencións sempre tiña solucións fáciles para acabar coa fame e a pobreza no mundo. Son fáciles de implementar, só hai que querer. O poder pode apoiar a militarización e o rescate bancario frente á maioría da sociedade. As solucións son simples pero non se implantan porque os gobernos sempre responden a un poder que non está nas súas mans, non está nas mans dos políticos. Está nas mans duns poucos que controlan a economía planetaria e acusa o capitalismo de ser criminal e asasino.
Eses poderes que seguiremos denunciando desde as organización que buscamos un mundo mellor. E é por iso que desde AIS O Peto apostamos por contribuir co noso pequeno gran de area á creación e apoio de ferramentas económicas que servan para apoiar a economía real, o autroemprego e a solidariedade. Ferramentas que Arcadi tamén apoiou participando na creación e desenvolvemento de asociacións, cooperativas e entidades de finanzas éticas.
Arcadi estivo con nós en varias ocasións e sempre se podía contar con el para mostrarnos a súa humilde sabiduría. No apartado de formación da nosa web temos acceso a vídeos das súas charlas e entrevistas.
Amigos e familiares de Arcadi crearon unha web onde se foron recollendo mensaxes de apoio desde que se soubo que a súa doenza era xa incurábel. Arcadi pudo ler a maioría das mensaxes case até o final dos seus días, diponíbeis en Paraules per a l’Arcadi.
E si, sen vergoña de dicilo, nós tamén nos declaramos “arcadistas” e por iso recomendamos tamén este artigo de El Salto sobre “O mestre da palabra activa”.
Que a terra lle sexa leve!
Deixamos estes versos seus de despedida:
“Estoy a punto de emprender el gran viaje.
Que todo lo que haya podido sembrar
con las manos de mis palabras
y con la atención de mi mirada
pueda dar el fruto que tú esperabas”
(Algúns momentos dos nosos encontros con Arcadi)


