Participamos no Foro de Financiamento organizado pola USC o 17 de xuño.
Tratase dun evento no que representantes de entidades de financiamento e investimento terán a oportunidade de coñecer dez proxectos de economía social e valorar a conveniencia de outorgarlles financiamento responsable.
Así mesmo, pretendese crear un espazo que permita a proxectos de economía social e entidades de financiamento e inversión coñecerse, así como favorecer o networking efectivo entre promotores e entidades de financiamento.
Os proxectos participantes terán unha sesión preparatoria e asesoramento previo para favorecer a comunicación efectiva ante as entidades de financiamento responsable (puntos mínimos a trasladar sobre o proxecto).
Entre outras entidades da economía social e solidaria está convidada AIS O Peto para informar sobre as posibilidades de contribuír desde a nosa entidade á economía social e poderemos falar con proxectos que estexan interesados en coñecernos e en valorar a posibilidade de solicitar o noso apoio para as súas actividades económicas.
Celebrarase de maneira on line o venres 17 de xuño entre as 11 e as 13.30h.
