II Informe Finanzas Éticas e Sustentables en Europa 2019

 

Por segundo ano consecutivo a Fondazione Finanza Etica e Fundación Finanzas Éticas publican o informe Las Finanzas éticas y sostenibles en Europa, que analiza a estrutura, o crecemento e os rendimentos dos bancos éticos europeos no último ano.

A introdución e todo un manifesto sobre os motivos da crise e a falta de solucións desde as institucións europeas: moita da normativa creada a partir da crise ten pouco que ver con regular o sistema bancario e acabar coa especulación, a separación entre bancos comerciais e investimento e o imposto ás transaccións financeiras. Mentres tanto os grupos de presións financeiros están impulsando novas formas de especulación e desregulación dos mercados. O único indicador positivo que se observa no informe é a creación na Unión Europea dun marco para as finanzas sustentables, centradas principalmente no plano ambiental.

O estudo recolle unha comparativa de resultados entre 23 bancos éticos europeos, das redes GABV, Inaise e Febea, e 15 dos maiores bancos sistémicos europeos.

Como pontos de estudo a sinalar nas finanzas éticas destacan:

  • Os rendimentos dos bancos éticos triplican os resultados dos sistémicos
  • Os fondos socialmente responsables crecen un 9% anual
  • Desinvestimento no sector dos combustibles fósiles

 

Principais resultados:

Créditos concedidos:

Depósitos pasivos totais:

Patrimonio neto:

Rentabilidade:

Crecemento:

 

O informe inclúe un artigo sobre a historia das finanzas éticas: Las finanzas sociales, seiscientos años de historia, e unha ficha informativa dos maiores bancos éticos europeos

Ademais o informe estuda tamén outros temas relacionados coas finanzas éticas e sustentables como os investimentos socialmente responsables (ISR) en Europa, que foron en aumento nos últimos anos; ou o desinvestimento no sector das enerxías fósiles como método para facer unha chamada de atención ás empresas enerxéticas e presionar para que opten por enerxías renovables. Finalmente, fai un percorrido polos dez anos de crise financeira que se iniciou co estoupido da burbulla inmobiliaria nos Estados Unidos de América.

Advertisement

Unha idea sobre “II Informe Finanzas Éticas e Sustentables en Europa 2019

  1. […] Na presentación do Informe das Finanzas Éticas en Europa contamos coa participación do decano da facultade, Xoán Doldán, e de Loreto Fernández, profesora organizadora do acto. Na mesa participamos representantes do Peto e de Coop57 falando das nosas entidades e o servizo que prestan na economía social. A continuación Jordi Ibáñez presentou o Informe do que xa falamos na noticia: II Informe Finanzas Éticas e Sustentables en Europa 2019 […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s