III Mostra do Posible, Cangas do Morrazo, 5-6 de outubro

O 5 e 6 de outubro de 2019 celebrarase en Cangas do Morrazo a III Mostra do Posible: Alternativas para un mundo mellor desde a Economía Social e Solidaria e os Movementos Sociais de Galicia, encontro de organizacións e persoas que traballan ou teñen interese en coñecer as opcións existentes en diversos ámbitos da vida cotiá para construír un mundo máis xusto e solidario.

A mostra divídese en 5 áreas, cada unha correspondente a un ámbito da vida cotiá.

  • Economía, traballo e finanzas
  • Saúde, alimentación e entorno
  • Cultura educación e medios de comunicación
  • Urbanismo, abastecementos e refugallos
  • Dereitos e xustiza social

AIS O Peto foi convidada a participar nas actividades relacionadas coa primeira das áreas de Economía, traballo e finanzas xunto a outros colectivos que defenden propostas de modelos económicos orientados ás persoas. O sábado 5 de outubro, ás 19h., participaremos na Alameda Nova da Palestra: Reflexionatorium: o segredo mellor gardado dos bancos xunto a compañeiras e compañeiros de outras entidades da Economía social e solidaria.

Programa completo:

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s