VIII Encontro REFAS

O VIII encontro de Refas celebrarase en Talavera de la Reina do 13 ao 15 de setembro. É a primeira vez que desde O Peto asistiremos a este encontro xa que comezamos a formar parte desta Rede a finais do ano 2018.

Refas, Rede de Finanzas Alternativas e Solidarias, agrupa colectivos sociais que traballamos coas finanzas éticas, alternativas e solidarias, como ferramenta para a transformación da realidade social e a redistribución da riqueza mediante a creación de circuitos financeiros alternativos aos da banca comercial. Impulsando proxectos que inciden na economía real, na economía das persoas, que non teñen capacidade de ser financiados por entidades bancarias convencionais. As microfinanzas constitúen unha resposta que fomenta que a economía estexa ao servizo das persoas e non da especulación financeira, tecendo rede e construindo alternativas no territorio no se implantan.

Este VIII Encontro contará con mesas de debate, ponencias, grupos de traballo e a propia asemblea da entidade.

Destacamos as actividades máis importantes do Encontro:

Venres 13

  • 20h.: ACTO PÚBLICO-Mesa Finanzas: As finanzas convencionais e as Finanzas Éticas

Sábado 14

  • 10h: Situación actual das Finanzas Éticas
  • 11h: Construindo REFAS: A nosa carta de presentación
  • 12:30h: GOTEO-Crowdfunding
  • 13:30h: A Formación en REFAS
  • 16:45h: Boas Prácticas:
    • Os convenios con Entidades Públicas: Deputacións, Concellos…
    • O apoio solidario que facilita o dereito a unha vivenda digna
    • 38 años mobilizados  na loita contra o paro en Barcelona
  • 17:45h: O Fondo de Emprendemento social REFAS
  • 19h: Obradoiros: Web de REFAS e a Protección de Datos na nosas entidades.

Domingo 15

9:30h: Asemblea de REFAS

Programa completo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s