Informe Finanzas Éticas e Sustentables 2018

A Fundación Finanzas Éticas acaba de publicar o Informe Finanzas Éticas y Sostenibles en Europa

Este primeiro informe procura dous obxectivos: demostrarlle ás persoas que xa invisten de forma sustentable que as finanzas éticas están vivas e crecen ocupando novos espazos. En segundo lugar explicar, a quen non escoitou falar das finanzas éticas, que son moi diferentes da cobizosa banca tradicional e que permiten conservar ou aumentar o valor económico dos aforros co tempo, así como contar cunha serie de valores diferentes, como o respecto ao ambiente, a loita contra o cambio climático, o dereito á vivenda ou a unha alimentación san.

O conxunto das actividades das finanzas éticas e sustentables de Europa descritas no informe equivale a 715.000 millóns: case o 5% do Produto Interior Bruto da Unión Europea.

Dos 715.000 millóns mencionados, 39.800 representan os activos de aproximadamente 30 bancos éticos e sustentables europeos, que a finais de 2016 tiñan concedido créditos por un total de 29.330 millóns a decenas de millares de proxectos de inclusión social, defensa do medio ambiente, cultura ou cooperación internacional.

Outros 493.000 millóns están investidos en fondos socialmente responsables, polo tanto, en accións e obrigacións de empresas que cotizan en bolsa ou en títulos do Estado seleccionados en base a criterios de sustentabilidade: nada de armas, xogos de azar ou tabaco e luz verde ás empresas e Estados que mellor se comportan en cada sector, aqueles que invisten en renovables, que adoptan sistemas certificados de xestión ambiental e que non están implicados en controversias graves.

E despois está o microcrédito, que fixo famoso o «baqueiro dos pobres», Muhammad Yunus, Premio Nobel da Paz de 2006, que demostrou ser válido tamén para as necesidades de 750.000 europeos/as: préstamos de poucos millares para axudar a pór en marcha actividades empresariais de éxito ou para facer frente a unha necesidade temporal de liquidez. Con este diñeiro, hai quen abriu pequenos comercios de proximidade, quen iniciou unha start-up, ou simplemente quen pagou gastos médicos para a asistencia a un familiar. Mulleres e homes que non terían obtido nunca financiamento dun banco tradicional porque se consideran «non financiables»: persoas desempregadas, con emprego precario, ou simplemente xovens con ideas innovadoras pero sen capital para levalas a cabo. En Europa, o total de microcréditos concedidos suma os 2.540 millóns. Unha cifra pequena respecto aos créditos dos bancos éticos e os investimentos dos fondos socialmente responsables pero con grande impacto social.

Os bonos verdes, a través dos cais empresas e administracións se endebedan no mercado para financiar proxectos ambientais, disparáronse no bienio 2013-2014 e continúan crecendo: en Europa o valor dos títulos verdes en circulación é de 178.000 millóns. Secundarios pero en forte expansión, os bonos de impacto social están financiado á súa vez proxectos de ben-estar por un total de 273 millóns.

As finanzas éticas e sustentables conseguen manterse vivas e medrar grazas á paixón e ao entusiasmo de quen as practica día a día e non ten medo de presentar propostas para melloralas.

Microfinanzas no estado español

Existe unha pequena pero moi diversa rede de entidades microfinanceiras locais agrupadas na maioría noutra rede: REFAS (Rede de Finanzas Alternativas e Solidarias). Estas entidades pecharon 2017 con 500 microcréditos activos. En total todas estas operacións suman 1,2 millóns de euros. Lonxe das grandes cifras provenientes das entidades bancarias en España, pero con un grande aporte cualitativo.

Dúas das entidades de REFAS financian proxectos en países do Sul, directamente ou a través de outras microfinanceiras, por un valor de 1,3 millóns de euros que benefician a 5.707 entidades.

En total estas cifras son moi pequenas pero significan un grande esforzo sobretodo de carácter militante e persoas comprometidas que traballan voluntariamente. Ademais, nestes proxectos o 100% do retorno é para as persoas ou entidades solicitantes xa que en todos os casos falamos de entidades non lucrativas. Outro aspecto interesante a destacar é que nestes casos, a perspectiva que adopta a entidade ante o proxecto é integral, hai un nivel de compromiso cos solicitantes moi elevado.

Este ano a propia REFAS como rede presentou un novo fondo no que a partir de microdonacións se poderá dar resposta a necesidades de financiamento de proxectos de economía social e solidaria en territorios onde non hai un fondo específico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s