O 6 e 7 de outubro de 2018 celebrarase en Cangas do Morrazo a II Mostra do Posible: Alternativas reais para un mundo mellor dende a Economía Solidaria e os Movementos Sociais de Galicia, encontro de organizacións e persoas que traballan ou teñen interese en coñecer as opcións existentes en diversos ámbitos da vida cotiá para construír un mundo máis xusto e solidario.
A mostra divídese en 5 áreas, cada unha correspondente a un ámbito da vida cotiá.
- Economía, traballo e finanzas
- Saúde, alimentación e coidado do entorno
- Educación, cultura e medios de comunicación
- Urbanismo, abastecementos e refugallos
- Dereitos sociais
AIS O Peto foi convidada a participar nas actividades relacionadas coa primeira das áreas de Economía, traballo e finanzas xunto a outros colectivos que defenden propostas de modelos económicos orientados ás persoas. O sábado 6 de outubro, ás 19h., participaremos na Alameda Nova da Palestra: Por qué a economía social e solidaria é unha ferramenta de transformación social? xunto a compañeiras e compañeiros de Nosa Enerxía, Artigo 14, CDR Portas Abertas e o GIT de Fiare Gz.
Ademais nesta área da economía social haberá outras actividades de interese como:
- Presentación de Benmercado.gal, a tenda da economía social galega, que será presentada por Cidadanía SCG e REAS Galicia
- Obradoiro: Faircoin, unha moeda social para Galiza, realizado por Fair Coop Galiza
- Presentación do Sistema de Garantía participativa A Gavela
A mostra conta con expositores de materiais dos diferentes colectivos onde podemos dar a coñecer o noso traballo.