Change Finance

#10yearsOn (10anosDespois) da crise, chamamento á acción o 15 de setembro

O 15 de setembro celébranse 10 anos do inicio da última crise do sistema capitalista, crise que comezou coa caída de Lehman Brothers, provocando unha caída de bancos en todo o mundo e o rescate da maioría deles con diñeiro público que os estados, e polo tanto os pobos, nunca recuperamos.

Entidades de defensa dunhas finanzas ao servizo das persoas organizadas en Change Finace, entre elas Attac, Ecoar, Fundación Finanzas Éticas (antes Fundación Fiare), Transnational Institute…, motivadas pola idea de que xuntos debemos crear a economía na que vivimos propoñen un sistema financeiro:

  • que estexa ao servizo das persoas e do planeta
  • controlado democraticamente
  • estable

O web da organización ofrece un amplo panorama de como as finanzas afectan a nosa vida desde moitos aspectos: saúde, educación, vivenda, dereitos sociais…

Ao redor do 15 de setembro estanse organizando actividades en todo o mundo que se poden ver neste mapa. Na actualidade no estado español están organizados actos:

  • Barcelona: Desmontando os mitos da banca e do diñeiro para transformar as finanzas
  • Madrid: Xuízo popular aos responsables da crise
  • Pamplona: Impactos, reaccións e propostas ante a crise
  • Valencia: Concentración frente ao Banco de España

Espérase que nos próximos días se vaian sumando máis iniciativas.

Ademais de no web de Change Finance, pódese seguir nas redes: Twitter, e Facebook e nos termos #10yearsOn, #10añosdeCrisisEstafa (@crisisestafa1)

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s