Xornada: O valor social do diñeiro, finanzas responsables

EspazoCoop, unión de cooperativas galegas, organiza o 17 de abril estas Xornadas que servirán para difundir as ferramentas de financiamento ético/cooperativo no eido da economía social galega cos seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer as finanzas éticas como instrumentos financeiros acaídos para as entidades da economía social e do cooperativismo en particular
  • Difundir boas prácticas e recursos útiles
  • Estimular o debate ao redor da temática con persoas expertas e o público participante e intercambiar e compartir experiencias

Realizaranse no edificio Cersia Empresa, en San Lázaro (Santiago de Compostela), e participarán tanto entidades cooperativas cunha oferta máis convencional, como entidades cun claro componente ético e solidario como O Peto para visibilizar as diferenzas e complementariedades alternativas á banca tradicional non cooperativa. Nesta mesa participará AIS O Peto, representada por Esteban González,  xunto a outra entidades como Fiare Banca Ética, Coop57 e as sociedades cooperativas de crédito Caixa Rural Galega e Cajamar.

Realizarase ademais unha mesa coa presentación de “casos de éxito” atendidos desde as finanzas éticas que no noso caso estará representada por 7H cooperativa cultural

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s