III Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia

Por terceiro ano, REAS Galicia, entidade da que forma parte O Peto, organiza un encontro para difundir a Economía Social e Solidaria (ESS) o sábado 7 de abril de 2018 en Lugo.

O evento vaise realizar no edificio do Mercado Quiroga Ballesteros de Lugo. Durante a mañá no propio mercado, para o xantar nos soportais e rematerán a xornada no Centro Social Uxío Novoneyra (no primeiro andar do mesmo edificio).

Programa:

11.00 – 12.15 – Enredadas. Debate sobre a interacción da Economía Alternativa e Solidaria con outros movementos transversais: feminismo, ecoloxismo, defensa do rural e ONG.
12.15 – 12.30 – Pausa
12.30 – 14.00 – REAScunchiño. Micropresentacións de 5 minutos de proxectos da economía social da provincia de Lugo.
14.00 – 16.30 – Xantar. Podes traer algo para compartir ou mercar o catering que van preparar as compañeiras de Ecoxantar.
16.30 – 18.00 – Debuxando espazos futuros. Obradoiro no que avanzaremos nas liñas proxectadas no debate da mañá.
18.00 – 18.30 – Peche.

Durante a mañá (11 a 14 horas) haberá un pequeno mercado con postos de entidades da ESS galega e un espazo para as crianzas.

Inscrición

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s