XIII Asemblea de AIS O Peto

O próximo xoves 1 de marzo celebraremos a XIII Asemblea Xeral da Asociación por un Interese Solidario O Peto (AIS O Peto).

A asemblea está convocada ás 18h. en primeira convocatoria e ás 18.30h. en segunda. A orde de traballos para a reunión é a seguinte:

ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA:

  1. Benvida e encontro das persoas socias
  2. Estado de contas e persoas socias
  3. Proxectos financiados e informe da comisión de seguimento
  4. Comisión de difusión. Actividades e presenza de O Peto. Teaming. Presentación do novo blogue
  5. Renovación da Xunta Directiva*
  6. Rogos e preguntas

*Respecto do punto 5 os membros da Xunta Directiva poñen os seus cargos a disposición do que decida a Asemblea, podendo presentarse novas candidaturas para a integración nesta Xunta Directiva, feito que sería moi agradecido. As candidaturas poden presentarse con antelación en ais_opeto@hotmail.com ou na mesma asemblea. 

Despois da Asemblea, ás 19:30 horas, teremos un Coloquio no que contaremos coa presenza de: Brenda Chávez, autora do libro “Tu consumo puede cambiar el mundo” que falará e debateremos sobre o consumo como modelo de cambio.

Advertisements

Unha idea sobre “XIII Asemblea de AIS O Peto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s