Brenda Chávez: O consumo como instrumento de cambio

 

O próximo xoves 1 de marzo contaremos en Compostela coa participación de Brenda Chávez, xornalista e activista a favor do “consumo consciente”, como ela mesmo se define. Brenda é colaboradora de varios medios de comunicación, entre eles El País, El Salto, ou Opcions… desde os que se poden seguir os seus artigos ao redor de outro tipo de consumo.

En 2017 publicou Tu consumo puede cambiar el mundo: el poder de tus elecciones responsables, conscientes y críticas, editado por Península. Presentará opcións de consumo como modelo de cambio na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago o próximo día 1 ás 19,30h., con posterioridade á Asemblea de AIS O Peto que se celebrará ese mesmo día ás 18h. e no que dispoñeremos de exemplares á venda do seu libro.

A charla centrarase no consumo como modelo de cambio e en aspectos que preocupan á nosa asociación como as finanzas éticas e a economía social e solidaria, aspectos que tamén trata nos seus artigos. Na web de Brenda pódense seguir entrevistas e ler algúns dos seus textos, do que deixamos a ligazón a este recente: Bancos éticos por un mundo mejor, publicado na revista Cuerpo Mente de xaneiro de 2018.

Polo seu interese tamén vos deixamos esta entrevista que Javier Gallego e a equipa de Carne Cruda radio lle fixeron o 16 de maio de 2017 (programa 304).

Booktrailer do seu libro:

 

 

Advertisements

Unha idea sobre “Brenda Chávez: O consumo como instrumento de cambio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s