O 7 e 8 de outubro de 2017 celebrouse en Cangas do Morrazo a Mostra do Posible: encontro de organizacións e persoas que traballan ou teñen interese en coñecer as opcións existentes en diversos ámbitos da vida cotiá para construír un mundo máis xusto e solidario, organizada pola Rede de Solidariedade Popular de Vigo (RSP).
A mostra dividiuse en 5 áreas, cada unha correspondente a un ámbito da vida cotiá.
- Economía, traballo e finanzas
- Saúde, alimentación e coidado do entorno
- Educación, cultura e medios de comunicación
- Urbanismo, abastecementos e refugallos
- Dereitos sociais
O Peto foi convidada a participar nas actividades relacionadas coa primeira das áreas de Economía, traballo e finanzas xunto a outros colectivos que defenden propostas de modelos económicos orientados ás persoas. Pudemos partillar tempo de traballo con Fiare Galiza, Reas Galiza, Espazo Coop, Coop57, Proxecto Integral de Compostela, Intergal e da moeda social Costavales.
A mostra contou con expositores de materiais dos diferentes colectivos onde pudemos dar a coñecer o noso traballo e ademais representantes do Peto participaron dos faladoiros nos que se debatiu sobre este asunto.