Asemblea dos GIT galegos de Fiare Banca Ética

O 30 de setembro celebrouse en Pontevedra a Asemblea conxunta dos Grupos de Iniciativa Territorial,  GIT galegos, Sur e Norte, de Fiare Banca Ética.

Na asemblea participaron representantes dos dous GIT e Alberto Mínguez, responsábel da área operativa do banco.

Realizouse un repaso do traballo realizado nos últimos meses na que se sinalou o inicio de actividades e propostas interesantes como foi a celebración da Asemblea Xeral de Fiare Banca Ética / Banca Popolare Etica en Compostela no mes de maio, coa participación de moitas persoas de Fiare Galiza, así como actividades de reflexión sobre servizos financeiros e a colaboración entre O Peto, Coop57 e Fiare.

Fruto do traballo dos GIT galegos foi a visita no mes de febreiro de Ugo Biggeri (Presidente de Banca Popolare Etica) e de Peru Sasia (Conselleiro da Área Fiare) que participaron en charlas realizadas en Vigo (organizada polo GIT Sur) e en Compostela (organizada polo GIT Norte e O Peto).

É moito o traballo feito até o momento, pero aínda queda moito por facer: aumentar o traballo organizativo e de comunicación e visualización de Fiare e valorar a incorporación á Fundación Fiare.

Nesta Asemblea procedeuse á renovación das persoas responsables dos GIT Galiza que manteñen a súa estrutura actual. Do GIT Galiza Norte pasa a ser responsábel Gonzalo Gesto e do GIT Galiza Sur, Manuel Adame Moldes.

A relación de AIS O Peto con Fiare é aínda maior ao contar con persoas da nosa asociación como responsables do traballo da rede social de Fiare Banca Ética.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s